xoves, 23 de abril de 2020

Noticia



               Barbanza

Arranxo da pista de Santa Cruz
O axuntamento da Pobra do Caramiñal por fin arranxa a pista da Granxa,
na parroquia de Santa Cruz.
                                A pista da Granxa con moitas necesidades de mellora.
                                Imaxe de Alejandro para Flickr   ligazón

Xosé Lois Piñeiro, o alcalde da Pobra do Caramiñal, acaba de dicirlle os veciños de Santa Cruz que arranxará a pista da Granxa. Isto acordouse no pleno deste mes.
Para facelo vai investir 25000 euros que pagarán entre o concello e a Deputación da Coruña. Esta última poñerá 10000 euros.
As obras comezarán nas vindeiras semanas e espérase rematalas antes de que acabe o verán. Arranxarase o solo e o cierre. Tamén se colocarán porterías e canastas.
O presidente da comunidade de veciños, Alonso Montes Pérez, di que é unha das obras que se levaba moito tempo esperando. Está moi estropeada e non se pode facer ningún deporte nela.
Os veciños están moi contentos de que se faga o arranxo porque é o único sitio da parroquia donde poden facer deporte. Din que hai moitos anos que o cierre rompeu cun temporal, e dende aquela así quedou.

Raúl Vila Rivas, A Pobra 23/04/2020 12:36

Ningún comentario:

Publicar un comentario