sábado, 4 de xaneiro de 2020

A palabra do ano


Ola!!!

Hoxe falareivos sobre a palabra do ano.

8.1
Despois de pensalo moito, a miña palabra do ano é "cambio".
Cambio, porque pasar de un cole de primaria ao instituto foi un gran cambio.
Xa que supuxo un cambio de compañeiros, de profesores, de normas, etc...
Cambio porque xusto este ano cambiei de habitación (agora teño a miña
propia, antes compartía ca miña irmá).
Cambio, porque agora que teño doce anos dinme que son preadolescente,
ou adolescente...
E ademais sempre estamos falando e concienciándonos sobre o
"cambio climático", que é unha causa moi seria que deberiamos frear entre
todos.

8.2
Temos palabra do ano galega dende o 2014. Foi unha iniciativa
da RAG (Real Academia Galega) en colaboración ca Fundación Barrié.
Aquí temos as palabras co seu ano correspondente:
2014 Corrupción
2015 Refuxiado
2016 Irmandade
2017 Afouteza
2018 Deseucaliptización
2019 Sentidiño

8.3.1
A parte do galego, hai mais linguas que teñen palabra do ano, o castelán, o catalán
e o inglés son algunhas delas.

8.3.2
Aquí están as palabras dos últimos 5 anos dos idiomas nombrados anteriormente
(castelán, catalán e inglés):

Castelán (Según Fundación del español urgente "Fundéu"):
2015 Refugiado (Refuxiado)
2016 Populismo (Populismo)
2017 Aporofobia (Aporofobia)
2018 Microplástico (Microplástico)
2019 Emoji (Emoji)

Catalán (Según Institut d'estudis catalans):
2015 Dron (Dron)
2016 Vegà (Vegano)
2017 Cassolada (cazolada)
2018 Sororitat (solidaridade)
2019 Emergència climàtica (Emerxencia climática)

Inglés (Según dicionario Oxford):
2015 Emoji (Emoji)
2016 Post-truth (Post verdad)
2017 Youthquake (Cambio socio-cultural promovido polos xóvenes)
2018 Toxic (Tóxico)
2019 Climate emergency (Emerxencia climática)


8.3.3
A palabra do ano mais antiga que eu atopei data do 1971, é en Alemán:
"aufmüpfig" que significa rebelde, insubordinado.
A Geselleschaft für deutsche Sprache (asociación para o idioma alemán,
creada polo goberno) elixe cada decembro unha palabra ou grupo de palabras
mediante unha revisión lingüistica anual.


Espero que vos parecera interesante, ata a próxima.