xoves, 23 de abril de 2020

Noticia



               Barbanza

Arranxo da pista de Santa Cruz
O axuntamento da Pobra do Caramiñal por fin arranxa a pista da Granxa,
na parroquia de Santa Cruz.
                                A pista da Granxa con moitas necesidades de mellora.
                                Imaxe de Alejandro para Flickr   ligazón

Xosé Lois Piñeiro, o alcalde da Pobra do Caramiñal, acaba de dicirlle os veciños de Santa Cruz que arranxará a pista da Granxa. Isto acordouse no pleno deste mes.
Para facelo vai investir 25000 euros que pagarán entre o concello e a Deputación da Coruña. Esta última poñerá 10000 euros.
As obras comezarán nas vindeiras semanas e espérase rematalas antes de que acabe o verán. Arranxarase o solo e o cierre. Tamén se colocarán porterías e canastas.
O presidente da comunidade de veciños, Alonso Montes Pérez, di que é unha das obras que se levaba moito tempo esperando. Está moi estropeada e non se pode facer ningún deporte nela.
Os veciños están moi contentos de que se faga o arranxo porque é o único sitio da parroquia donde poden facer deporte. Din que hai moitos anos que o cierre rompeu cun temporal, e dende aquela así quedou.

Raúl Vila Rivas, A Pobra 23/04/2020 12:36

venres, 17 de abril de 2020

"Connet Yayos" unha iniciativa altruista


Ola a todos nestes complicados momentos, hai que resistir 💪.
Vouvos comentar unha iniciativa altruista que me pareceu interesante.

"Connect Yayos" : unha iniciativa solidaria que reparte tablets para ancians illados.

Esta iniciativa xurdiu en Segovia, durante as primeiras semanas de confinamento.
Vendo nas noticias, que os maiores das residencias quedaban confinados sen recibir
visitas dos seus familiares, a Raúl Vidal (enseñeiro informático) ocorreuselle a idea
de proporcionarlles tablets, eso si, de forma totalmente gratuita.
Él e dous amigos mais fixérono posible : Néstor Fernández ( empresa Trackter Eventos
Especiais) proporcionando os dispositivos e Javier Arranz (compañía Eternity) cedendo
o programa de videoconferencias.

Reparten tablets nas residencias de ancians, para que estes poidan comunicarse e ver as
suas familias mediante videoconferencias. Incluso en casos moi graves, e poñendose no
peor, que poidan ter o seu último contacto coa familia.
Manterán isto en marcha mentras sea necesario por esta situación de illamento social.

Valoración persoal.
Decidín falar sobre esta noticia porque me parece moi interesante e moi boa. Oxalá
puidera levarse a cabo en todas as residencias. Creo que é moi importante que os maiores
illados poidan ter noticias da súa familia e viceversa. Animicamente é moi positivo e con
tanto tempo de confinamento ter bo ánimo axuda a levalo mellor.


Ligazóns a noticia:
Efe Edición España
faro de vigo

                     Shutterstock:  imaxes con licenza libre

sábado, 4 de xaneiro de 2020

A palabra do ano


Ola!!!

Hoxe falareivos sobre a palabra do ano.

8.1
Despois de pensalo moito, a miña palabra do ano é "cambio".
Cambio, porque pasar de un cole de primaria ao instituto foi un gran cambio.
Xa que supuxo un cambio de compañeiros, de profesores, de normas, etc...
Cambio porque xusto este ano cambiei de habitación (agora teño a miña
propia, antes compartía ca miña irmá).
Cambio, porque agora que teño doce anos dinme que son preadolescente,
ou adolescente...
E ademais sempre estamos falando e concienciándonos sobre o
"cambio climático", que é unha causa moi seria que deberiamos frear entre
todos.

8.2
Temos palabra do ano galega dende o 2014. Foi unha iniciativa
da RAG (Real Academia Galega) en colaboración ca Fundación Barrié.
Aquí temos as palabras co seu ano correspondente:
2014 Corrupción
2015 Refuxiado
2016 Irmandade
2017 Afouteza
2018 Deseucaliptización
2019 Sentidiño

8.3.1
A parte do galego, hai mais linguas que teñen palabra do ano, o castelán, o catalán
e o inglés son algunhas delas.

8.3.2
Aquí están as palabras dos últimos 5 anos dos idiomas nombrados anteriormente
(castelán, catalán e inglés):

Castelán (Según Fundación del español urgente "Fundéu"):
2015 Refugiado (Refuxiado)
2016 Populismo (Populismo)
2017 Aporofobia (Aporofobia)
2018 Microplástico (Microplástico)
2019 Emoji (Emoji)

Catalán (Según Institut d'estudis catalans):
2015 Dron (Dron)
2016 Vegà (Vegano)
2017 Cassolada (cazolada)
2018 Sororitat (solidaridade)
2019 Emergència climàtica (Emerxencia climática)

Inglés (Según dicionario Oxford):
2015 Emoji (Emoji)
2016 Post-truth (Post verdad)
2017 Youthquake (Cambio socio-cultural promovido polos xóvenes)
2018 Toxic (Tóxico)
2019 Climate emergency (Emerxencia climática)


8.3.3
A palabra do ano mais antiga que eu atopei data do 1971, é en Alemán:
"aufmüpfig" que significa rebelde, insubordinado.
A Geselleschaft für deutsche Sprache (asociación para o idioma alemán,
creada polo goberno) elixe cada decembro unha palabra ou grupo de palabras
mediante unha revisión lingüistica anual.


Espero que vos parecera interesante, ata a próxima.