venres, 6 de decembro de 2019

Canto tempo podemos xogar?


Benvidos.

Hoxe gustaríame falar sobre o tempo de consumo de videoxogos.
Na miña opinión o tempo de videoxogos ao día debería estar entre 
1 hora ou 1 hora e media, dependendo sempre do videoxogo.
Ainda que sei ben, que cando empezamos a xogar, o tempo non
chega a nada (pasa voando).
Si falamos de un videoxogo como o fortnite, o tempo debería ser menor, 
por ser mais violento. 
Cando estamos de vacacións, sempre queremos ter máis tempo de
videoconsola, pero temos que darnos conta de que é moi importante
xogar con outras persoas e tamén facer algún tipo de deporte.
Para esto non hai tempo establecido...

Ata a próxima.

xoves, 5 de decembro de 2019

Xéneros de videoxogos


Ola

Hoxe gustaríame falar sobre os xéneros dos videoxogos.

Algúns deles son:
Xuter (xogo de disparos) é un tipo de xogo onde sempre hai armas, a maioria
son on-line (fortnite, call of duty, etc...)

Xogo de rol: é un xogo de aventuras onde terás un ou varios persoaxes que
normalmente suben de nivel (adquiren mais poder). Tamén se consiguen
equipamentos para estes persoaxes, etc...(pokemon, final fantasy, etc...)

Retro: pode ser un xogo novo ou antigo. Os xogos retro están basados
nos primeiros videoxogos existentes, pola sua apariencia podemos
pensar que son antigos, inda que igual son os máis novos.
Reunen temáticas moi simples (super mario, sonic, etc...)

Ata outra.

mércores, 27 de novembro de 2019

Whatsapp descobre un burato de seguridade que obriga a acualizar a versión


Ola

A noticia vai sobre que Whatsapp descobre un fallo que abre as portas a os virus e que
por eso é recomendable actualizar a version.

Como vedes, calquer rede social pode ter fallos ou ser obxecto de piratería. Aínda que
tamén nos damos conta de que as grandes empresas como Facebook, neste caso,
propietaria de whatsapp, están pendentes de arranxar os erros e bloquear os ciberataques.
Polo tanto, é moi recomendable ter os dispositivos sempre actualizados, co cal
se poden evitar algúns destes problemas.

(clica aquí para ver a noticia.)

Seguiremos comentando.

martes, 26 de novembro de 2019

Fazañas de minecraft

Ola a tod@s:

Hoxe vouvos falar sobre algunhas das miñas fazañas xogando a minecraft.
Un día empecei un novo mundo, nel atopei unha cova, adentreime nela e
¿cal foi a miña sorpresa? había moitos minerais, entre eles: ferro, carbón,
ouro e, o máis importante, o diamante ( un dos mais complicados de atopar
en minecraft).
Con eses minerais creín: arrmaduras, picos, espadas, etc....
Outro día, nun mundo bastante mais avanzado, coa axuda da miña irmá e
un amigo, conseguimos encontrar a guarida do xefe final do xogo "un
dragón". Despois dunha dura batalla derrotámolo. Un gran logro...

Ata a próxima.

mércores, 13 de novembro de 2019

Videoxogos favoritos

VilaxogosOla mundo!!


Hoxe vouvos falar sobre os meus videoxogos favoritos.

Minecraft: Este é o meu xogo favorito. E un mundo aberto feito de
bloques con posibilidades case infinitas. Hai varios modos de xogo
(supervivencia e creativo) e tamén de dificultades (fácil, normal e
difícil). Tamén conta cunha serie de comandos que farán máis di-
vertida a tua experiencia. Sen dúbida un xogo moi creativo.

Mario Kart: E un xogo de carreiras. Antes de comezar a carreira
terás que escoller persoaxe e vehículo. O principal obxectivo e chegar
o primeiro a metaTamén hai outros modos de xogo como batalla de
globos, bom-bombardeo e patrulla piraña.

Splatoon 2: E un xogo no que tes que entintar aos teus rivais e o má-
ximo de terreo posible. Ademáis das partidas en liña, conta con un bo
modo historia, un xogo bastante dibertido.

Esto é todo por hoxe, ata a próxima.

martes, 12 de novembro de 2019

A miña primeira entrada

Ola mundo!!

Chámome Raúl, neste blog vouvos falar de videoxogos.
Dareivos a miña opinión sobre algúns dos que máis me gustan.
Falareivos, sobre todo, dos da Nintendo Switch.

Ata a próxima entrada.